Descubre connosco algunhas das mellores técnicas de pilotaxe para o enduro.

18-07-2002. L.M.I.
Aínda que todo piloto de enduro que desexe mellorar a súa conducción deberá dominar ás técnicas do motocross e trial, esta modalidade, dispón dalgunhas formas de pilotaxe características que son de moito interese.

Conducción en trialeiras.

Neste apartado son uteis moitas técnicas do trial.
Un aspecto fundamental para adquirir seguridade á hora de enfrontarse con trialeiras de certa dificultade, é o dominio do equilibrio sobre a moto. Para elo podemos prácticar asiduamente coa moto apagada, tratando de aguantar o maior tempo posíbel con ela parada sen botar o pé ao chan. Nun principio, vainos costar un pouquiño, pero si mantemos a constancia, poderemos ver os resultados nun prazo relativamente curto.
Un aspecto fundamental das trialeiras, é o mentemento da calma. Para elo, debemos tratar sempre de analizar e visualizar a trazada que imos levar a cabo antes de enfrontarnos a ela.
Tamén é positivo o aproveitamento das inercias, empuxando si fai falla coas pernas para que a moto non se pare no medio da trialeira.
No caso de escalóns, debemos embestir sen medo, levantando a roda dianteira (para elo tiramos do embrague), para logo co corpo e coas pernas tratar de tirar pola moto para arriba.
Nas trialeiras é moi importante, buscar os puntos de tracción que nos permitan dar gas sen que a moto patine.
E ante todo, moita calma e análise da situación.

Pilotaxe na crono.

A cronometrada, é a parte do enduro máis importante. Nela está case sempre o desenlace final dunha carreira. Por iso, é moi importante o entrenamento en cronos distintas e acreedoras de diferentes tipos de terreos.
Toda crono, antes de pasar por ela coa moto, debe ser estudiada co máximo detalle posíbel. Memorizando os obstaculos e curvas máis complicadas que nela se atopan, así como a forma que vamos empregar para enfrentarnos a tales obstáculos.

Podemos tamén facer un croquis da mesma en papel para estudiala con máis detalle.


A tranquilidade é de vital importancia á hora de enfrontarse a unha crono dando o mellor dun mesmo. Tranquilidade, que non debe significar nunca ir despacio, senón todo o contrario.


Xa na saída, debemos colocar a moto de forma estratéxica para arrincar con agresividade, tirando do embrague si é necesario (sobre todo en 125cc.). Logo nas trazadas, debemos aproveitar ao máximo as rodeiras creadas despois do paso dos outros pilotos. Nelas debemos entrar de pé, para unha vez dentro da rodeira, sentarnos na metade do asento, tumbala moto seguindo a rodeira, estira-la perna o máximo posíbel e dar gas a fondo debuxando a traxectoria da rodeira.
Para aprender a ir rápido nas rodeiras, é interesante practicar moito motocross.


En curvas peraltadas, debemos aplicar a técnica do motocross, tratando de entrar moi fortes no apoio para saír dando gas a tope.


Nas curvas pechadas, debemos aprender a ir polo carril no caso de que o haxa. E se non, podemos empregar o freo de atras para xirar a moto derrapando.
Na freada, debemos tratar de apurar o máximo posíbel, entrando na curva de pé (co corpo botado cara atrás) para sentarse e saír dando gas a tope.


Nas curvas rápidas, gas a fondo sen medo, aquí, é moi util a técnica da derrapada que se emprega no motocross, técnica que debemos empregar sen deixar que a moto se vaia demasiado de atrás.


Por último, un aspecto fundamental na pilotaxe en crono, é a mirada a longa distancia. Para elo, debemos sempre intercalar a mirada do máis inmediato cunha visualización máis distante e que nos permita ver a mellor trazada así como os posibeis imprevistos que se atopan no terreo.



<< páxina principal
<< máis novas