News

HomeTX RACEPodium para Roberto Magariños e Angel Conde no XI Enduro de Pontecesures

Podium para Roberto Magariños e Angel Conde no XI Enduro de Pontecesures

Roberto Magariños ficou segundo e Angel Conde terceiro na categoria E1 (motos até 125cc 2T ou 250cc. 4T) do Enduro de Pontecesures, cebrado o dia 27 de Outubro  e enquadrado na Liga Nacional Galega da Moto de Campo 2013.

Ver Galeria Fotográfica da Prova

Ver Classificações da Prova

Resumo da crónica feita no Blogue Oficial da Liga:

«O dia amenceu gris con ganas de chover e forte vento, a medida que pasou o dia gañou calor e non choveu nada o que fixo que estivera perfecto para andar polo monte e disfrutar da moto.

IMG_7211

Se a isto unimos as moitas ganas que tiña a xente de disfrutar dun bo Enduro, podemos dicir que estamos ante o dia perfecto, os amigos de TX RACE tiñamos un recorrido espectacular na súa zona, cunhas trialeiras espectaculares e unhas vistas dende o monte, mais que incribles da serra do Barbanza o fondo e a abaixo o rio Ulla.

Unha crono curta pero suficiente para marcar as diferencias que farían definir as posicións nas categorías, houbo no recorrido algunha perda, dalgún piloto e a medida que foi pasando o Enduro, retirouse do recorrido a ultima trialeira para facer un pouco mais doado o rali.

IMG_7440

Non tivemos que lamentar ningunha incidencia destacable, soamente dicir que pola proximidade o centro do núcleo urbano agrupouse moita xente na zona da Crono.

No apartado deportivo destacar en Elite a vitoria de Dani Carracedo , seguido de Jesus Alonso, e e terceira posición Joaquin Rodriguez que viña de facer segundo na extrema de Lagares.

Categoría E1 destaca a superioridade de Cesar Sanchez que se impuxo con 15 segundos sobre Roberto Magariños (2º) e sobre Angel Conde terceiro con 36 segundos. Deixando esta categoria moi quente para o desenlace final.

Na categoría E2 a mais nutrida da Liga, entra con forza un Oscar Alvarez que ven de recuperarse dunha largo período de lesión que lle fixo perderse as primeiras probas da Liga, gañou con autoridade sendo seguido por Efren Arce e Alberto Vidal.

Na categoría E3 destaca sempre a presenza de Juan Caderno que se impuxo con autoridade onde o seu ritmo na crono non puido ser seguido por Pablo Torrado e Alejandro Vieitez, segundo e terceiro respectivamente.

IMG_7280

Ganou a categoría dos Veteranos, Amado Alonso, seguido a distancia por Carlos Fraga e Ozores, sendo a diferencia entre estes dous últimos de escasa decima e algo de segundo,o que da idea do axustada que esta esta categoría en canto a disputa.

Na categoría da Clásicas destacar a presenza dun novo piloto Miguel Rodriguez, que lle gañou a Pablo Diaz, esta categoría esperamos pronto ver mais modelos competindo polo premio.

Destacar o bo facer do TX Race que co pouco que teñen (o segundo concello xeograficamente mais pequeno de Galicia) saben sacarlle moi bo xugo, para facer unha carreira perfecta.»

 

Written by

The author didnt add any Information to his profile yet